top of page

HISTORIA

Cultivado na aldea pontevedresa de Meiro, pertencente ao Concello de Bueu, as orixes do millo corvo hai que buscalas  en pobos indíxenas de Perú e México.

 

En Galicia, como en toda a Península Ibérica, cultivábase desde épocas castrexas o paínzo ou millo, que era máis pequeno e miúdo que o millo actual. Co descubrimento de América, introduciuse pouco a pouco na Península Ibérica, o “maïs”, que se aclimatou e se apoderou da terra e dos nomes do antigo cereal: millo, quedando “paínzo” para o cereal autóctono. 

 

No Morrazo, atopamos a primeira proba do seu cultivo a comezos do século XVII e xa a partir de entón vaise converter practicamente nun monocultivo, acompañado dun pouco de trigo e centeo. O éxito deste cultivo veu dado pola alta produtividade da planta do millo “americano”, que permitía o autoabastecemento do labrego proporcionando gran e forraxe.

 

En Galicia existen distintas variedades de millo:  o millo pego (mestura de millo negro e branco), o millo reina (de cor vermella), o millo branco e o millo corvo ( cor negro-azulada, chamado así pola súa semellanza con esta ave).

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

 

 

 

 

O millo corvo ten a peculiaridade de gozar dunhas características xenéticas que permiten unha mellor adaptación ca outras variantes a terreos duros. Por todo isto, a planta do millo corvo era un cultivo de transición, unha barreira natural que o campesiño establecía entre os terreos bravos e os terreos de cultivo. 

 

Era tal o interese que tiña para o campesiño o millo corvo que cando apareceron as sementes híbridas aqueles homes e mulleres que se beneficiaran durante xeracións das súas extraordinarias características decidiron de propia vontade conservalo, sementando pequenas cantidades  en leiras pequenas co fin de manter, quizais inconscientemente, ese ben xenético do que eran propietarios. 

 

Ademais, o cultivo aparece estreitamente vencellado con determinadas prácticas gastronómicas que tamén axudaron a que perdurase no tempo: a súa fariña era necesaria para a realización dun modo tradicional das chourizas e filloas de sangue de porco, da bola de Nadal...

 

Na actualidade, o cultivo de millo corvo foi disminuíndo paulatinamente ata case chegar á súa extinción. Unha das razóns foi pola súa cor, xa que o pan feito con fariña de millo corvo era de cor escura, co o cal era considerado o alimento das clases máis baixas da sociedade, os campesiños. Isto motivou que se abandonara o seu cultivo antes que o doutras variedades. Non obstante, os escasos agricultores que continúan cultivando o millo corvo ségueno a facer de maneira tradicional, seguindo o bo facer e a sabiduría dos seus avós.  Para coñecer máis sobre a súa historia e todo o que agocha Meiro emprendimos unha viaxe con Victoria, a Presidenta da Asociación Cultural. Ela mostrounos os principais sitios de interese desta pequena aldea que loita pola conservación do millo corvo, e ti tamén podes viaxar connosco mediante este mapa interactivo!

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

 

 

 

 

​

​

O millo corvo ten a peculiaridade de gozar dunhas características xenéticas que permiten unha mellor adaptación ca outras variantes a terreos duros. Por todo isto, a planta do millo corvo era un cultivo de transición, unha barreira natural que o campesiño establecía entre os terreos bravos e os terreos de cultivo. 

 

Era tal o interese que tiña para o campesiño o millo corvo que cando apareceron as sementes híbridas aqueles homes e mulleres que se beneficiaran durante xeracións das súas extraordinarias características decidiron de propia vontade conservalo, sementando pequenas cantidades  en leiras pequenas co fin de manter, quizais inconscientemente, ese ben xenético do que eran propietarios. 

tipos de millo.jpg

A pesar deste proceso de extinción que se estaba a vivir, agora o millo pode atoparse tamén fóra de Meiro grazas á colaboración entre a Asociación Cultural de Meiro e Slow Food Compostela. Aquí vos deixamos o vídeo onde Ruth Lorenzo nos explica o traballo que levaron a cabo

bottom of page