top of page

 

SE MESTURA COA 

FARTURA DO MILLO

O millo corvo

ONDE A COR DA

SUPERSTICIÓN

INICIO
IMG_7484_edited.jpg

O Millo Corvo

O corvo, esa ave tan temida na cultura galega por ser o agoireiro da morte, dálle nome á variedade de millo máis recoñecida da aldea de Meiro, en Bueu. A cor negra, a cor da superstición, da morte, mestúrase coa fartura do millo, alimento básico da nosa alimentación milenaria da que xa antes gozara o noso paxaro negro.

 

O pobo de Meiro realiza unha labor colectiva a prol da recuperación, non só do millo corvo senón tamén das formas de vida tradicionais e ancestrais. A Asociación de Meiro, promotora desta iniciativa, involucrou tanto á aldea como a todo o colectivo escolar, así durante a sementeira é moi dado ver como os nenos acoden ás leiras e toman parte deste labor.

 

Visitar a aldea de Meiro é mergullarse no recendo á tradición, a calor do veciño e a pan quente elaborado co millo corvo.

GALERIA
o corvo de meiro (2).png

#MilloCorvo

CONTACTO
bottom of page